Translate

lunes, 18 de junio de 2012

DOUS RAPACES CONVOCADOS PARA ADESTRAR NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVO

Outra boa nova para o Centro Deportivo Jansu de Vilalba, e en definitiva para o noso deporte, para os deportistas e en xeral para toda a Terra Cha.

A nova e que despois de haber participado nos adestramentos de tecnificación ao longo da tempada 2011 / 2012, e de participar en distintos eventos deportivos, agora convocan a dous rapaces becados pola Federación Galega de Taekwondo para que adestren dende o día 2 ata o 6 de xullo , no C.G.T.D. ( Centro Galego de Tecnificación Deportivo), estes rapaces son, Yoel Campello de 12 anos que anque está baixo a disciplina  do Club Jansu , pertence as escolas deportivas de o Concello de Begonte, mentres que David Fernández de 13 anos , reside e adestra en Vilalba habitualmente.
Esto e unha sinal de que tanto os rapaces/as como os adestradores do club, están  afacer os deberes correctamente e comezan a verse os froitos do traballo en conxunto de todos, tamén queda por dicir que este pode ser un gran paso para que en futuras ocasións se siga a contar con estes rapaces.

jueves, 7 de junio de 2012

PRESENTACIÓN CURSO DE AEROBIO E STEP CONCELLO DE A PASTORIZA XUÑO DE 2012

O día 13 de xuño , realizouse a presentación do curso de Aerobio e Step, que se está a impartir nas Aulas De Formación (Polígono Industrial de A Pastoriza),este curso esta organizado polo Centro Deportivo Jansu de Vilalba e a A.G.A.R ( Asociación Cultural Galega de Actividades Rítmicas), en colaboración co Concello de A Pastoriza.
A presentación asistiu o Alcalde de A Pastoriza, Don Primitivo Iglesias Sierra, que despois de presenciar a sesión de Step , non tivo mais que palabras de bo sentir polo traballo que alí se mostrou, tanto por parte dos cursillistas, os que demostraron que co pouco tempo que levan, a súa evolución nesta actividade e a correcta, como pola labor didáctica que esta a realizar Tamara Murias Fernández, monitora encargada de impartir o curso. 
Tamén lles comunicou aos asistentes , que calquera inquietude que teñan, propostas que queiran levar a cabo , que non dubiden en presentarllas , que despois de estudiar o proxecto de viabilidade, se verían as distintas  posibilidades e maneiras de axudas dende o Concello.
Para rematar animar dende aquí a que a xente de a Pastoriza e distintas parroquias , se animen a participar nestas actividades presentadas dende o Concello.


PARA VER FOTOS PINCHAR AQUÍ:
https://plus.google.com/photos/104376252987901061088/albums/5751258595167236673

lunes, 4 de junio de 2012

PRIMEIROS CLASIFICADOS EN EXHIBICIÓN CADETE E CINCO BRONCES EN COMBATE CADETE


Para rematar unha boa tempada de taekwondo , despois dos bos resultados que se tiveron nos distintos campionatos nos que estivemos presentes, os días 1, 2 e 3 de xuño o Club Jansu Coxelados Asturgalaicos – Electricidade Moncho Santome, e o Neka de Monforte, estiveron a participar con un nutrido plantel de deportistas nas modalidades de combate, técnica e exhibición.
OS REPRESENTANTES DO CLUBE JANSU FORON OS SEGUINTES:

David Fernández, Raúl González , Silvia Soto, Diego García, Mirian Díaz, Ruben Otero, David Debasa, Caique de Menezes, Yoel Campello, Cristian Fernández, Francisco García.  
RESULTADOS JANSU VILALBA NO I OPEN INTERNACIONAL ALFAT DEL PIT (VALENCIA)

En combate categoría cadete:
Rubén Otero......................bronce  en - 41
Yoel Campello.................. bronce en – 41
David Fernández.............. bronce en –  45
Raúl González ..................bronce en – 65
Mirian Díaz...................... bronce en – 59

En exhibición categoría cadete se acadou o primeiro posto

Formando parte do equipo viaxaron como árbitros:

Jorge Longueira ( Jansu )
Adrián Maceiras (Kwon )
Antía García ( Tao )
Albeto Neira (Tao )
PARA VER FOTOS PINCHAR AQUÍ: