Translate

domingo, 23 de febrero de 2014

Campionato Galego Promesas de Taekwondo 22 de febreiro de 2014



Campionato Galego Promesas de Taekwondo, 22 de febreiro de 2014 , no que participaron os seguintes deportistas do club Taekwondo Vilalba Jansu:
Raúl González Seco , en Cadete – 65 kg  ,  deixando patente que o esforzo , o traballo diario e marcarse obxectivos a corto e a longo prazo terminan dando os froitos en maior o menor medida, Raúl González pode ser ese exemplo, xa que nesta ocasión logrou subir ao mais alto do podio acadando a medalla de ouro e o seu recoñecemento como Campión Galego da categoría e como el o resto de deportistas que integraban o equipo.  
Valeria Fuenteseca Legide, no seu primeiro ano en  Xunior – 55 kg, despois de pasar distintas roldas e chegar a disputar a final da súa categoría, tivo que conformarse coa prata , despois dunha disputada final.
Xacobo Grande Pernas en Xunior – de 61 kg ,despois de pasar dúas roldas  con unha gran autoridade no tapiz, caeu  no combate que o podería levar a final , acadando o bronce neste campionato.
Yoel Campello González en Cadete – de 53 kg , pasa dúas roldas con facilidade para perder na terceira rolda e acadando o bronce na categoría.
Aida Pérez Flores Xunior +de 68 kg , no seu primeiro campionato, caeu na primeira rolda pero sentiuse cómoda  no seu debut, ademais de sentirse capaz para poder mellorar e intentalo en sucesivos campionatos.
David Fernández Prieto Xunior – de 51kg. , e Míriam Díaz Díaz Xunior en -59 kg. caeron na primeira rolda, non foron capaces de plantexar correctamente a súa estratexia no tapiz e isto terminou pasándolles factura , temos que velo sempre dende o punto positivo e tratar de arranxar esta situación a traveso do adestramento para intentar que en en sucesivas ocasións poidan acadar mellores resultados. 
       A valoración dende o Club para estes deportistas e os resultados e moi positiva xa que mostra o continuo ascenso e o bo traballo que están realizando.