Durante este verán , concretamente parte de xuño, todo o mes de xullo, agosto e que se alargará ata o 9 de setembro, o Centro Deportivo Jansu de Vilalba - Conxelados Asturgalaicos de Rábade, estivo poñendo en practica un campamento no que participaron unha trintena de rapaces , este campamento estivo dirixido por Jessica Romero Ribeiro, Juan Carlos Quintana Domínguez e a colaboración dos alumnos de maior graduación , Estefania Díaz, Miguel Sanjurjo, Iria Silvosa , Daniel Bello e Fina Seco.
Para ver fotos pincha aquí: https://picasaweb.google.com/juancaqd/ADESTRAMENTOTKDJANSUVILALBAVERANO2011?authuser=0&feat=directlink
Entre todos fixéronse adestramentos de tres horas diarias pola maña, os martes , mércores e xoves, para repetir adestramentos diversos pola tarde, neste campamento tratáronse diferentes temas sobre a planificación da próxima tempada, xa que o clube quere estar presente en tódalas diferentes modalidades nas que se poida participar, combate , demostración e técnica. Non todo foi adestramento, xa que en algúns momentos fixéronse xornadas ocio, acercándonos a piscina de Cospeito, para practicar xogos e desconectar da actividade deportiva especifica de taekwondo e para rematar o verán, anque aínda quedan uns días de adestramento, fíxose unha festa da espuma , na terraza do Hostal Terra Cha , na que participaron a maioría dos asistentes ao campamento de Taekwondo.