
Campionato Infantil Galego de Taekwondo, organizado pola federación Galega de Taekwondo en colaboración co Concello de As Pontes ( A Coruña), campionato no que participaron a maioría dos clubs que están dados de alta na F.G.T. entre eles o Centro Deportivo Jansu de Vilalba participaba con 12 taekwondistas que son os seguintes:
RUBÉN OTERO – JANSU BEGONTE, que obtivo a medalla de bronce en – 37 kg.
YOEL CAMPELLO – JANSU BEGONTE, que tamén se alzou coa medalla de bronce en – de 41 kg.
DAVID FERNÁNDEZ – JANSU VILALBA, que se atopou coa persoa que o ao final disputou a final gañando o campionato, David despois de facer unha boa planificación do seu combate non foi que de poder pasar a séguente rolda.
RAÚL GONZÁLEZ – JANSU VILALBA, acadou a prata en – de 65 kg.
ADRIÁN GONZÁLEZ – JANSU RÁBADE, a primeira incursión no mundo do combate, o cal realizou un sorprendente papel, xa que sorteo todos os obstáculos, ata chegar a final onde acadou una merecida prata en – 43 kg., que mesmo tivo por momentos color dourado. O mesmo acaeceu, con RUTH COUSO,- JANSU RÁBADE, tamén era a súa primeira vez en combate e tamén chegou a final obtendo unha prata ben merecida en – 40 kg., que o igual que o seu compañeiro de equipo , puido ser ouro por estar a categoría moi igualada.
SILVIA MORENO CAMPO – JANSU RÁBADE, bronce en – de 59 kg.
ELENA CASANOVA – JANSU RÁBADE, se lle notou unha gran progresión con anteriores Campionatos aos que asistiu , mesmo chegou a final para terminar coa prata en – de 59kg.
CAIQUE DE MENECEZ – JANSU VILALBA , prata en menos de 45 kg.
DIEGO GARCIA – JANSU VILALBA, despois de realizar unha espectacular final na súa categoría , alzábase con mas prezado metal no mais alto do podio, o ouro en + de 65 kg.
MIRIAN DÍAZ – JANSU VILABA, na categoría de – 55 kg. Realizou un bo combate , e anque a súa progresión e boa faille falta un pouco mais de rodaxe, para próximos eventos.
VALERIA FUENTESECA - JANSU RÁBADE, en – de 55 kg. Anque ultimamente nos acostumados a vela no podio, desta volta o sorteo xogoulle unha mala pasada , quedando apeada da competición en primeira rolda.
En total so queda felicitar a estes deportistas que entre todos fixeron unha colleita de 1 ouro, 5 pratas e 3 bronces.
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ: