
Día 19 de outubro , campionato internacional Cidade de Ribeira, como ben sendo habitual o Centro Deportivo Jansu – Conxelados Asturgalaicos – Electricidade Santomé, estivo presente participando con un equipo formado polos seguintes deportistas:
Para Lucia Moreno, era a súa primeira
competición , e podemos dicir que mostrou un bo saber estar no tapiz , gañando
a primeira rolda e quedando apeada na segunda. Cumpríronse os obxectivos
previstos con está xoven deportista de dez anos , que era mostrarlle que o traballo
ven feito ao final da os seos froitos, e que nun futuro todos esperamos moito
mais dela.
Raúl González, quedou apeado na súa
primeira rolda, non foi que de atopar o
seu posicionamento no tapiz e iso custoulle quedar fora da competición, neste
caso serviralle para que en próximos encontros
se de conta de como ten que actuar para intentar obter mellores
resultados.
Míriam Díaz, un bronce que sabe a moito,
xa que o seo peso e complicado por atoparse nel un plantei de competidoras de moi alto nivel e curtidas en nacionais e internacionais.
Valería Fuenteseca, acadou a prata en Superlixeiro Xunior desfacéndose dos adversarios que lle
tocaron con autoridade e disputando a final contra unha deportista integrante
da selección de Portugal que participou no ultimo europeo
apenas fai un mes.


Todo este traballo feito por este equipo
cheo de ilusión, con gañas de seguir adiante e con un gran compañeirismo, elevou a o equipo feminino Xunior ao segundo
posto por equipos.

