Chegou o momento de facer un balance do
que o 2014 deparou ao Centro Deportivo Jansu de Vilalba – Conxelados Asturgalaicos
de Rábade, non me vou a parar nos resultados deportivos duns e outros
integrantes das distintas categorías e modalidades nas que participamos durante
este ano, que non foron poucas.
Prefiro unha análise global en tódolos
aspectos, tanto a nivel deportivo como persoal por parte dos deportistas,
adestradores, equipo arbitral e tamén non esquecerse dunha parte importante, os
pais e nais que día a día están aí colaborando con nos e apoiando sempre que
fai falta.
Os deportistas dicirlles que nos sentimos
moi orgullosos deles por estar aí ,polo esforzo que fan para mellorar e colocar
ao noso club a tan alto nivel, todos sodes partícipes, os que ao final acadan
resultados, os que o intentan, os que se preparan día a día para formar parte
dos distintos equipos e aqueles que en definitiva adestran simplemente por que
lles gusta a nosa arte marcial o Taekwondo.
Gracias por ser como
sodes, polas vosas virtudes , polos vosos erros, enfados, caprichos e por tódalas
correccións que temos que facervos.
Perdón polos nosos
erros, polas nosas correccións con enfados engadidos, pola presión que en ocasións
vos sometemos, somos conscientes deso, pero sempre o faremos intentando que sexa
un beneficio para a vosa traxectoria dentro do Taekwondo, esperamos que sigades
mellorando, enchéndonos de satisfaccións deportivas e persoais.