Na modalidade de Poomses , participaron en individual, Miguel Sanjurjo e Jessica Romero, para despois participar na modalidade de parellas, esta era a primeira vez que participabamos nesta modalidade de competición , e ambos , tanto en individual como parellas , mostraron un gran dominio da técnica anque non foi suficiente para subir a podio, pero si para irse situando para outros encontros nos que temos pensado participar.
Por outra banda , Francisco Javier García Ónega, que despois de estar retirado da competición dende o 2005 , regresou demostrando que teremos que contar con el, saio o tapiz na ctegoría de combate de -80 kg .e anque lle custou ao principio situarse, despois de ir perdendo xa no segundo asalto de un cinco a cero , no terceiro asalto foi quen de remontar os resultados adversos para acadar gañando o combate con un oito a cinco,mostrando unha gran superioridade e dominio da situación en todo momento.
Desgraciadamente unha rotura de fibras no xemelgo da perna esquerda impediulle que puidese continuar no campionato, esperemos que este recuperado para o open que se vai a realizar en Madrid o día 19 e que este lle sirva para terminar a súa posta a punto de cara ao Galego Absoluto que se celebra en Noia o día 26 de novembro.
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:
Que buena noticia, veo que estais comenzando a participar en todas las modalidades, solo os falta la exhibición
ResponderEliminar