Hola de novo a todos os
seguidores do Centro Deportivo Jansu – Conxelados Asturgalaicos – Electricidade
Moncho Santome, unha vez mais acudimos a un Campionato, nesta ocasión estivemos no
Internacional de Riveira, esta era a súa XII edición , dende aquí felicitar a organización xa que poñer en
marcha un campionato desa magnitude e que practicamente non houbese ningunha incidencia iso e froito dun boa programación.
Ao igual que os resultados do
noso club, que participou en varias categorías, en infantil, participaron.
Rubén Otero Buján, en - de 41 , que despois pasar dúas roldas, tivo
que conformarse con o bronce
Raúl González Seco, en + de 62, logrou pasar as distintas roldas ata
chegar ata final , a que gañou con autoridade o que lle permitiu subir ao mais
alto do podio para recoller a medalla de ouro.
En xunior, participaba Cristian
Fernández Rico, que perdeu en primeira rolda
En cadete feminino:
Marián Díaz Díaz , tamén cae
en primeira rolda, con unha competidora de ultimo ano de cadete e con unha
maior experiencia nestas lides.
Silvia Moreno Campos , en
pesado, mostrou unha vez mais , que a está nun bo momento , xa que no seu
segundo ano nesta categoría, xa estivo seleccionada para intentar formar parte
da Selección Galega, neste campionato volveu a estar a altura logrando un
importante terceiro posto, (bronce).
David Debasa, aínda que
despois de facer un moi bo combate quedou apeado en primeira rolda.
Isto e unha mostra do bo
traballo que se está a realizar no club, o traballo dun equipo que está a
medrar en conxunto deportivamente , isto e grazas o seu esforzo ao esforzo dos
seus pais , que os trasladan sempre que poden ata o centro dende os seus
respectivos lugares , como poden ser Rábade, Begonte, Pigara , Vilalba ,
sabemos que e un gran esforzo por parte de todos e que sen eles este equipo no
sería o mesmo , e sobre todo a gran traballo que está a facer con este equipo ,Jessica Romero , unha das adestradoras do Club Jansu
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
Penso que tódol@s taekwondistas, en principio xa polo feito de selo, logo medirse en competición, e máis a tan alto nivel, son merecedores de todo o respecto.
ResponderEliminarE se, ademais, son quen de protagonizar tan meritorias actuacións... que máis se pode pedir, verdade ?? a non ser, por suposto, continuidade no traballo.
Para tod@s vós, taekwondistas: sinceiros parabéns e tede sempre presente que familia, amigos e adestradores nos sentimos verdadeiramente moi orgullosos.
Un saúdo ao Clube Jansu.
Grazas en nome de tódolos integrantes do club Jansu
ResponderEliminarFelicidades al Jansu, a sus entrenadores y a ese grandísimo equipo lleno de talento y buen ambiente.
ResponderEliminarmuchas gracias JuanF, el ambiente lo creamos entre todos, gracias a vosotros por creer en nosotros y lo que queremos representar para todos estos deportistas.
ResponderEliminar