O día 23 de febreiro celebrouse o Campionato
Galego Promesas de Taekwondo 2013, nas Categorías Cadete, Xunior e Senior , este realizouse en Cangas con unha
asistencia duns 350 participantes entre as tres categorías.
O Centro Deportivo Jansu – Conxelados Astur
Galaicos – Electricidade Santome de
Vilalba , participou con un nutrido número de deportistas en Cadete na xornada
de maña :
David Fernández e Valeria Fuenteseca, despois de
varios campionatos nos que non lles acompañou a sorte , ven por lesións ou
indisposición , retoman a competición con forza, nunhas categorías que tiñan
unha gran presencia de deportistas, ambos acadaron unhas merecidas medallas de
bronce, despois de chegar a terceira rolada que de gañala poñeríaos na final.
Raúl González , despois de 2 combates acadou a
prata
E xa en xornada de tarde , nas categorías xunior e
senior os resultados foron os seguintes :
Yoel Campello e Silvia Moreno, con un combate
acadaron o bronce na categoría Xunior anque de momento, oficialmente son
cadetes.
E para rematar xa en Senior, Fina Seco que o ano
pasado, tivo que conformarse con un Bronce , este ano demostrou a súa
progresión acadando o ouro.
En total :
Dous ouros,
unha prata e cinco bronces, esto demostra o bo momento do taekwondo no Centro Deportivo
Jansu de Vilalba.