O día 23 de febreiro celebrouse o Campionato
Galego Promesas de Taekwondo 2013, nas Categorías Cadete, Xunior e Senior , este realizouse en Cangas con unha
asistencia duns 350 participantes entre as tres categorías.
O Centro Deportivo Jansu – Conxelados Astur
Galaicos – Electricidade Santome de
Vilalba , participou con un nutrido número de deportistas en Cadete na xornada
de maña :
David Debasa, Rubén Otero, Caique De Menezes e Lidia Lamas, fixeron un bo
campionato pero non foron quen de pasar da segunda rolda, pero sempre se gaña
en experiencia que noutros encontros lles pode axudar para acadar mellores
resultados.
David Fernández e Valeria Fuenteseca, despois de
varios campionatos nos que non lles acompañou a sorte , ven por lesións ou
indisposición , retoman a competición con forza, nunhas categorías que tiñan
unha gran presencia de deportistas, ambos acadaron unhas merecidas medallas de
bronce, despois de chegar a terceira rolada que de gañala poñeríaos na final.
Raúl González , despois de 2 combates acadou a
prata
E xa en xornada de tarde , nas categorías xunior e
senior os resultados foron os seguintes :
Yoel Campello e Silvia Moreno, con un combate
acadaron o bronce na categoría Xunior anque de momento, oficialmente son
cadetes.
Xacobo Grande , despois de tres combates alzouse
co merecido e codiciado ouro , este deportista estivo varios anos separado da
competición por problemas de lesións , e agora retoma con forza a competición
como deixa patente neste promesas.
E para rematar xa en Senior, Fina Seco que o ano
pasado, tivo que conformarse con un Bronce , este ano demostrou a súa
progresión acadando o ouro.
En total :
Dous ouros,
unha prata e cinco bronces, esto demostra o bo momento do taekwondo no Centro Deportivo
Jansu de Vilalba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario