Parabéns a tódolos competidores que
participaron este 18 de maio no Campionato Cidade De A Coruña :
O Begontino, Yoel Campello , caeu en
primeira rolda despois de facer un moi bo combate ante Artai do Mace Sport, que
ao final foi o campión da categoría mostrando a supremacía nesta categoría.
Lidia Lamas , Muimenta - Cospeito, que fai pouco que comezou a súa
andadura no mundo da competición , acadou un merecido bronce Na súa categoría –
de 51 kg.
A súa compañeira de equipo e de categoría
en – 51 kg. a Rabadense , Valería Fuenteseca, acadou unha merecida prata que
nos soupo a pouco pola boa final disputada
a final con unha representante Lusa.
Tamén a Rabadense Silvia Moreno en mais de
59 kg. despois de superar as distintas roldas chegou a final acadando a prata ,
e non subindo ao mais alto soamente pola diferenza dun punto.
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario