Esta fin de semana pasado concretamente o día 25 e 26 de maio , celebrouse
o Campionato de España Cadete de Clubs e o Campionato de España Xunior de
Taekwondo, o Centro Deportivo Jansu Vilalba – Conxelados Asturgalaicos de Rábade – Electricidade Santomé
, participou con tres representantes cadetes, David Fernández Prieto en – de 45 kg, Valería Fuenteseca
Legide en – de 51 kg
, ambos caeron en primeira rolda, anque o feito de estar aí representándonos
nun Campionato de España e mostra do bo
traballo que se esta a levar con estes deportistas e o esforzo dos mesmos.
Por outra banda Silvia Moreno Campo en
+de 59 kg.
Tamén en cadete , realizou un papel deportivo que fai que nos sintamos
orgullosos de adestrar a todos estes rapaces , nos fai sentir que estamos a
facer ben os deberes e que comezamos a recoller os froitos, Silvia Moreno Campo
chegou a disputar as finais chegando ao final do combate con un empate , tendo
que facer un cuarto asalto ao punto de ouro caendo no mesmo privándonos da disputa da prata ou quizais que ouro, subindo
ao podio como terceira de España da súa categoría.
Dicir que este bronce nos soubo a pouco xa que a que lle gañou a ela
proclamouse Campiona de España , pero tamén entendemos que temos que seguir a
traballar para mellorar dentro do posible estes resultados.
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario