Esta fin de semana 8 de xuño ,
celebrouse en Arteixo o Campionato Autonómico de Taekwondo Escolar nas
modalidades de Exhibición e Combate , o Centro Deportivo Jansu Vilalba –
Conxelados Asturgalaicos de Rábade –
Electricidade Santomé , participou en ambas las duas modalidades con dous equipos que son os
seguintes:
Combate :
YOEL CAMPELLO GONZALEZ, , Home INFANTIL IN-A. -45kg , pedeu na primeira
rolda , despois de desenrolar un moi bo
combate.
DAVID FERNANDEZ PRIETO,Home INFANTIL IN-A. -45kg , un terceiro posto deixou
unha vez mais patente o bo traballo deste deportista.
RAUL GONZALEZ SECO, Home
INFANTIL IN-A. -65kg , unha tarde no que non estivo moi acertado na súa
estratexia o que o abocou a unha segunda praza.
VALERIA FUENTESECA LEGIDE, Muller INFANTIL IN-A -51kg , taekwondista que
sigue nunha gran progresión deportiva e o demostra en cada competición na que
está a participar, nesta ocasión subiu ao mais alto acadando un ouro.
LIDIA LAMAS DIAZ,Muller INFANTIL
IN-A. -51kg. a que menos experiencia ten
nestas lides, pero que se adaptou perfectamente ao grupo que forma o Jansu ,
adestrando e poñendo ganas no que fai, como así o demostrou nesta ocasión
acadando un bronce.
En exhibición, estivemos representados polo equipo infantil composto por INES
POUPARIÑA, PAULA SANTOME, VIRGINIA PASARÓ, TATIANA CAMPELLO, PAULA RIVAS E
DAVID CHAO,deportistas que acadaron o bronce no provincial o que lles deu o
pase a final autonómica.
A diferenza de idade, sen dubida eran os mais peques de todo o campionato ,
demostraron que se seguen a adestrar e o equipo medra deportivamente xunto, nun
futuro, non a moito tardar poderemos disfrutar con eles os seus éxitos
No hay comentarios:
Publicar un comentario