Translate

domingo, 24 de noviembre de 2013

2º ENCOTRO DE TECNIFICACIÓN TEMPADA 2013/2014 CONCELLO DE BEGONTE - LUGO



Sábado 23 de novembro de 2013, día con pleno, despois de realizar o VII Torneo Concello de Vilalba , nos desprazamos ao Concello de Begonte  para participar no segundo encontro de tecnificación infantil , esta iniciativa posta  en marcha pola Federación Galega de Taekwondo esta servindo para que os deportistas mais novos se acheguen a competición e detectar novos valores para despois ir formándoos en sucesivos adestramento e nos propios clubs nos que adestran habitualmente .
Estefanía Hernández, responsable da tecnificación infantil esta tempada en Lugo , unha deportista con unha dilatada experiencia deportiva dentro do taekwondo, valora positivamente estes encontros tanto a nivel deportivo como persoal, mentres que os responsables dos dous clubes participantes neste evento, Neka de Monforte e Centro Deportivo Vilalba Jansu, lamentan a baixa participación xa que a Federación Galega de Taekwondo está a facer un gran esforzo para darnos formación. Na provincia de Lugo temos grandes futuros valores deportivos que debidamente asesorados  polos técnicos responsables, poderían mellorar cualidades que xa teñen adquiridas e corrixir  posibles erros que lles faría mellorar sustancialmente o seu potencial competitivo.  
PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario