Mañá día 23 de novembro , realizase o VII
TORNEO DE TAEKWONDO CONCELLO DE VILALBA,
este ano e de carácter provincial , a participación esta aberta para tódolos
clubs federados da provincia, nesta ocasión sumáronse a este evento , a Escola
Lucense, Neka de Monforte, Taeguk de Sarria e o club organizador Centro Deportivo
Vilalba Jansu – Conxelados Asturgalaicos de Rábade - Electricidade Santome de
Vilalba, en colaboración co Concello de Vilalba , Deputación De Lugo, Deporte
Galego e Federación Galega de Taekwondo.
Neste torneo haberá unha participación de
uns 80 participantes ,co aliciente de tratar de colocar nas súas vitrinas o
TORREON DE ANDRADE , que o levará o club que sume mais puntos na xeral.
Aproveitar dende aquí, aos deportistas do
club Jansu Vilalba , David Fernández que foi bronce e a súa compañeira de equipo
Silvia Moreno, que foi prata , ambos no ultimo campionato de combate Xunior
celebrado o día 16 deste mes en Arteixo.
Despois do Torneo de Vilalba , xa pola
tarde desprazarémonos ao Concello de Begonte, onde se celebrará un curso de
tecnificación de combate infantil
Provincial, para tratar de ir vendo a traxectoria dos xoves deportistas cos que
nun futuro quizais veremos en campionatos de alta categoría. Mais tarde no
Centro de Tenificación Galego , Raúl González Seco ,estará convocado polos
seleccionadores cadetes para participar nun adestramento coa Selección Galega.
Por outra banda, o vindeiro día 30 , tamén
no C.T.G. estarán presentes para unha preselección Xunior, os deportistas do
Club Jansu de Vilalba , David Fernandez Prieto e Silvia Moreno Campo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario