Ao clube Taekwondo Vilalba Jansu – Congelados Astur Galaicos de Rábade foille entregado en Vigo o galardón ao mellor clube da provincia de Lugo na modalidade de Taekwondo do ano 2010. Na gala que celebrou (e que ven celebrando tódolos anos) a Federación Galega entréganse os trofeos a tódolos deportistas, entidades, medios, personalidades, clubes, etc. que durante o ano colleitaron bos resultados en competicións ou colaboraron na difusión do taekwondo Galego.
Para lograr este galardón sempre temos en conta o esforzo de tódolos practicantes de taekwondo que están baixo a disciplina do clube Jansu, ben sexa en Vilalba ou nos Concellos de Rábade e Begonte. Sen as aportacións destes deportistas sería imposible estar onde hoxe se atopa o Centro Deportivo Jansu – Congelados Asturgalaicos de Rábade.
Esta é a cuarta ocasión na que o clube Taekwondo Vilalba Jansu – Congelados Asturgalaicos de Rábade ven acadando este galardón, xunto cos obtivos nos anos 2005 ,2006 e 2008. No ano 2007 tampouco voltaría da gala coas mans baleiras ao ser premiado como mellor clube de Galicia.
Esta traxectoria confirma o bo traballo que se está a facer polo Taekwondo Galego e bo momento que atravesa o clube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario