O Clube Deportivo Taekwondo Vilalba Jansu participou o día 2 no campionato Galego Promesas que se celebrou en Cangas. Neste evento participaron, Estefania Díaz Carballeira, Cristian Fernandez Rico, Óscar Vivero, David Fernández e Diego García.
Jessica Romero Riveiro acudiu como coach e Juan Carlos Quintana como árbitro.
Os resultados foron os seguintes:
Estefanía Díaz Carballeira, prata. Óscar Vivero foi bronce, pero quedou con boas sensacións e ese metal soupo a pouco. Cristian Fernández Rico, obtivo a prata, nunha disputada final e cunha lesión de empeine producida na primeira rolda que mermou bastante as súas posibilidades de acadar o ouro. A pesar deses atrancos, puídose observar unha gran progresión respecto ás ultimas veces que participou en competicións.
Raúl Álvarez, Diego García e David Fernandez, aínda que fixeron un bo papel quedaron apeados en primeira rolda.
Jessica Romero Riveiro, responsable do equipo, quedou moi satisfeita cos resultados colleitados e co traballo realizado no tapiz polos taekwondistas Vilalbeses.
BENVIDOS AO BLOG DO CLUBE JANSU - CONXELADOS ASTURGALAICOS. Un espazo para opinar sobre actividades deportivas, culturais e, particularmente, sobre taekwondo. Actividades,taekwondo infantil e adulto,defensa persoal,clases de iniciación o taekwondo gratuítas, ciclo indor,sauna,cachibol para a terceira idade,musculación,relaxación,mantemento,adestradores persoais,preparación de probas físicas. Agardamos a vosa participación. Tlf. 982105554
Translate
domingo, 3 de abril de 2011
CAMPIONATO GALEGO PROMESAS CANGAS 2 DE ABRIL DE 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Enhorabuena a todos los competidores del Jansu por los excelentes resultados
ResponderEliminargrazas en nome de tódolos competidores
ResponderEliminar