Jessica Romero Riveiro acudiu como coach e Juan Carlos Quintana como árbitro.
Os resultados foron os seguintes:
Estefanía Díaz Carballeira, prata. Óscar Vivero foi bronce, pero quedou con boas sensacións e ese metal soupo a pouco. Cristian Fernández Rico, obtivo a prata, nunha disputada final e cunha lesión de empeine producida na primeira rolda que mermou bastante as súas posibilidades de acadar o ouro. A pesar deses atrancos, puídose observar unha gran progresión respecto ás ultimas veces que participou en competicións.
Raúl Álvarez, Diego García e David Fernandez, aínda que fixeron un bo papel quedaron apeados en primeira rolda.
Jessica Romero Riveiro, responsable do equipo, quedou moi satisfeita cos resultados colleitados e co traballo realizado no tapiz polos taekwondistas Vilalbeses.
Enhorabuena a todos los competidores del Jansu por los excelentes resultados
ResponderEliminargrazas en nome de tódolos competidores
ResponderEliminar