Translate

sábado, 27 de agosto de 2011

CAMPAMENTO DE VERAN JANSU VILALBA 2011

 Durante este verán , concretamente parte de xuño, todo o mes de xullo, agosto e que se alargará ata o 9 de setembro, o Centro Deportivo Jansu de Vilalba -  Conxelados Asturgalaicos  de Rábade, estivo poñendo en practica un campamento no que participaron unha trintena de rapaces , este campamento estivo dirixido por Jessica Romero Ribeiro, Juan Carlos Quintana Domínguez  e a colaboración dos alumnos de maior graduación , Estefania Díaz, Miguel Sanjurjo, Iria Silvosa , Daniel Bello e Fina Seco.
Entre todos fixéronse adestramentos de tres horas diarias pola maña,  os martes , mércores e xoves, para repetir adestramentos diversos pola tarde, neste campamento tratáronse diferentes temas sobre a planificación da próxima tempada, xa que o clube quere estar presente en tódalas diferentes modalidades nas que se poida participar, combate , demostración e técnica.
Non todo foi adestramento, xa que en algúns momentos fixéronse xornadas ocio, acercándonos a piscina de Cospeito, para practicar xogos e desconectar da actividade deportiva especifica  de taekwondo e para rematar o verán, anque aínda quedan uns días de adestramento,  fíxose unha festa da espuma , na terraza do Hostal Terra Cha, na que participaron a maioría dos asistentes ao campamento de Taekwondo.

martes, 16 de agosto de 2011

CURSOS DE TAEKWONDO NA PROVINCIA DE LUGO

 Estamos a punto de comezar unha nova tempada, e todos os clubs da provincia prepáranse para intentar que ano tras ano , o taekwondo sexa mais coñecido e que cada vez haxa mais practicantes desta arte marcial, así que, para que non haxa malos entendidos e que tanto as A.N.P.A.S, Asociacións Culturais, Concellos e outras agrupacións interesadas en impartir esta actividade, deixamos este enlace para unha maior información e que saiban en todo momento si quen lles ofrece a actividade está, ou non, cualificado debidamente para poder impartila.  

Para mais información pincha aquí :