Translate

lunes, 31 de octubre de 2011

TORNEO INTERNACIONAL CIDADE DE PONTEVEDRA



Esta fin de semana pasado , día 29 celebrouse o TORNRO INTERNACIONAL CIDADE DE PONTEVEDRA, o campionato realizouse ao longo do Sábado e o Domingo, o  Club Jansu como ven sendo habitual estivo presente.
Na modalidade de Poomses , participaron en individual, Miguel Sanjurjo e Jessica Romero,  para despois participar na modalidade de parellas, esta era a primeira vez que participabamos nesta modalidade de competición , e ambos , tanto en individual como parellas , mostraron un gran dominio da técnica anque non foi suficiente para subir a podio, pero si para irse situando para outros encontros nos que temos pensado participar.
Por outra banda , Francisco Javier  García  Ónega, que despois de estar retirado da competición dende o 2005 , regresou demostrando que teremos que contar con el, saio o tapiz na ctegoría de combate de -80 kg.e anque lle custou ao principio situarse, despois de ir perdendo xa no segundo asalto  de un cinco a cero , no terceiro asalto foi quen de remontar os resultados adversos para acadar gañando o combate con un oito a cinco,mostrando unha gran superioridade e dominio da situación en todo momento.
Desgraciadamente unha rotura de fibras no xemelgo da perna esquerda impediulle que puidese continuar no campionato, esperemos que este recuperado para o open que se vai a realizar en Madrid o día 19 e que este lle sirva para terminar a súa posta a punto de cara ao Galego Absoluto que se celebra en Noia o día 26 de novembro.

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

domingo, 16 de octubre de 2011

VII EDICIÓN PREMIOS EL PROGRESO AO DEPORTE LUCENSE

 O 12 de outubro realizouse a entrega de premios da VII EDICIÓN PREMIOS EL PROGRESO AO DEPORTE LUCENSE, Estefania Díaz Carballeira recolleu o galardón a mellor deportista do ano 2011 na categoría de Taekwondo.
Dende aquí queremos felicitala en nome de todos os seus compañeiros do club Jansu e animala a que siga adestrando para poder acadar metas mais altas dentro deste deporte.
Recordar que este galardón xa e a terceira que o recibe un deportista do club Jansu, anteriormente recollérono, Iria Silvosa Peteira e Iván Sangiao Darriba, esperamos estar presentes en posteriores edicións.




PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:
https://picasaweb.google.com/juancaqd/VIIEDICIONPREMIOSAODEPORTE12OTUBRO2011?authuser=0&feat=directlink

CAMPIONATO VILA DE MOAÑA 15 DE OUTUBRO DE 2011

 O sábado día 15 celebrouse o torneo Vila de Moaña, o club Jansu participaba con un equipo infantil composto por , Miran Díaz Díaz, Yoel Campello González, Rubén Otero Buján, David Fernández Prieto, David Debasa Regueira , Diego García Fernández  e Raúl González Seco, este campionato serve de posta a punto para seguir preparando a fase provincial do escolar e de lograr clasificarse para a fase final do Galego Escolar, todo o equipo en xeral atopase nun momento, no que as melloras tanto físicas como tácticas apreciasen no tapiz , xa que podemos dicir que todos eles fixeron un traballo impecable de progresion dentro do taekwondo, e así o corroboran as medallas de Prata de David fernández en - 40 kg., a Prata de Raúl González en - 61 kg. e o Bronce acadado por Diego García Fernández en - 65 kg., sin esquencer da unica representante feminina do equipo, Mirian Díaz Díaz que terminou acadadando un bronce na sua categoría.

PARA VER FOTOS PINCHA AQ UÍ:
https://picasaweb.google.com/juancaqd/VILADEMOANA15DEOUTUBRODE2011?authuser=0&feat=directlink

PRESENTACIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS DE GUITIRIZ 8 DE OUTUBRO DE 2011

A presentación das escolas deportivas de Guitiriz, este ano correo a cargo da selección Galega e do equipo infantil do Clube Jansu de Vilalba, xa para empezar saio o equipo infantil do clube Jansu de Vilalba o que realizou una depurada actuación que fixo que o numeroso publico asistente os ovacionara con un sonoro aplauso, para rematar coa actuación do equipo galego que hoxe en día esta a ser considerado un dos mellores equipos a nivel europeo, o que demostrou con creces no pavillón en Guitiriz e o publico así o entendeu xa que non faltaron eloxios e aplausos para este combinado Galego de taekwondo, nesta presentación atopábanse presentes o alcalde de Guitiriz, Don Xosé María Teixeiro, a Tenente Alcalde Dona Ana Broz , tamén se atopaban Don Xosé Manuel Rozas , Xefe Provincial de Deportes, e un gran seguidor deste deporte, acudindo sempre que pode a presenciar a evolución dos taekwondistas lucenses, e como non, a Federación Galega tamén  contaba coa presencia de Don Francisco Tilve , Vicepresidente Segundo.
Todos eles coincidiron en expresar o bo traballo que alí se mostrou por parte dos dous equipos de taekwondo, e se deixaron as portas abertas para a creación dunha escola deportiva en Guitiriz, para que nun futuro este Concello tamén teña unha representación no mundo do taekwondo.
                                                             
PARA VER FOTOS PINCHAR AQUÍ :


martes, 4 de octubre de 2011

CURSO DE DEFENSA PERSOAL MONFORTE O1 DE OUTUBRO 2011

O día un de outubro , completouse una nova edición de defensa persoal, o clube organizador foi o Neka de Monforte, este tipo de eventos ben sendo habitual xa que como di José María Vega, esta xa e a cuarta , e debido a gran  acollida que tiveron hasta do momento , xa estamos pensando na seguinte, nesta ocasión contouse con case que medio centenar de participantes.
Os encargados de impartir o curso, foron, Juan Carlos López Eiriz , vicepresidente da Federación Galega, José María Vega, diretor técnico do Clube Neka de Monforte e Juan Carlos Quintana responsable do Clube Taekwondo Vilalba Jansu – Congelados Asturgalaicos de Rábade.
O rematar fixose unha cea , na que se departiron varios puntos técnicos dos empregados nas técnicas presentadas no curso, a esta cea asistiron case que coarenta persoas , as que  mostraron a sua satisfación polo nivel acadado no curso.
E por si esto fora pouco , temos que decir que a cena transcurrio dunha maneira moi amena, e incluso se prestou a facer algunha que outra broma a algún comensal que ese día estaba de cumpre anos,  decir que o menú ea compañía en todo momento foi moi grata.


PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:
https://picasaweb.google.com/juancaqd/CEACURSODEFENSAPERSOALMONFORTEOUTUBRO2011?authuser=0&feat=directlink