Translate

domingo, 16 de octubre de 2011

PRESENTACIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS DE GUITIRIZ 8 DE OUTUBRO DE 2011

A presentación das escolas deportivas de Guitiriz, este ano correo a cargo da selección Galega e do equipo infantil do Clube Jansu de Vilalba, xa para empezar saio o equipo infantil do clube Jansu de Vilalba o que realizou una depurada actuación que fixo que o numeroso publico asistente os ovacionara con un sonoro aplauso, para rematar coa actuación do equipo galego que hoxe en día esta a ser considerado un dos mellores equipos a nivel europeo, o que demostrou con creces no pavillón en Guitiriz e o publico así o entendeu xa que non faltaron eloxios e aplausos para este combinado Galego de taekwondo, nesta presentación atopábanse presentes o alcalde de Guitiriz, Don Xosé María Teixeiro, a Tenente Alcalde Dona Ana Broz , tamén se atopaban Don Xosé Manuel Rozas , Xefe Provincial de Deportes, e un gran seguidor deste deporte, acudindo sempre que pode a presenciar a evolución dos taekwondistas lucenses, e como non, a Federación Galega tamén  contaba coa presencia de Don Francisco Tilve , Vicepresidente Segundo.
Todos eles coincidiron en expresar o bo traballo que alí se mostrou por parte dos dous equipos de taekwondo, e se deixaron as portas abertas para a creación dunha escola deportiva en Guitiriz, para que nun futuro este Concello tamén teña unha representación no mundo do taekwondo.
                                                             
PARA VER FOTOS PINCHAR AQUÍ :


1 comentario:

  1. Dende Guitiriz, so nos queda felicitarbos polo traballo mostrado nas demostracions que se fixeron na presentación das escolas deportivas, oxala que se chegue a formar un grupo e o noso pobo este representado ala a donde chegue o clube JANSU.

    Gracias por todo

    ResponderEliminar