Translate

lunes, 27 de febrero de 2012

CAMPIONATO DE PROMOCIÓN COMUNIDADE DE MADRID FEBREIRO 2012



O deportista Francisco Javier García Onega, pertencente ao Centro Deportivo jansu de Vilalba - Conxelados Asturglaicos.  Logra un terceiro posto no Campionato Promocións da Comunidade de Madrid, realizado o 26 de febreiro de 2012, na categoría superlixeiro.
Francisco comeza a participación logrando imporse no primeiro combate con un resultado final de 6 a 4 puntos, na seguinte rolda gaña de novo nesta ocasión por unha diferencia de puntos de 8 a 3, xa en semifinais comeza o combate poñéndose por diante no marcador pero perdera nos últimos momentos por unha diferencia de un punto quedando como resultado final unha puntuación de 6 a 7.
 
So dicir que o esforzo ao final vese recompensado , así que a seguir esforzándose e dende aquí , a felicitación do centro e dos teus compañeiros.

sábado, 25 de febrero de 2012

CAMPIONATO INFANTIL GALEGO DE TAEKWONDO



Campionato Infantil Galego de Taekwondo, organizado pola federación Galega de Taekwondo en  colaboración co Concello de As Pontes ( A Coruña), campionato no que participaron a maioría dos clubs que están dados de alta na F.G.T. entre eles o Centro Deportivo Jansu de Vilalba participaba con 12 taekwondistas que son os seguintes:
RUBÉN OTERO  – JANSU BEGONTE, que obtivo a medalla de bronce en – 37 kg.
YOEL CAMPELLO – JANSU BEGONTE, que tamén se alzou coa medalla de bronce en – de 41 kg.
DAVID FERNÁNDEZ – JANSU VILALBA, que se atopou coa persoa que o ao final disputou a final gañando o campionato, David despois de facer unha boa planificación  do seu combate non foi que de poder pasar a séguente rolda.
RAÚL GONZÁLEZ – JANSU VILALBA, acadou a prata en – de 65 kg.
ADRIÁN GONZÁLEZ – JANSU RÁBADE, a primeira incursión no mundo do combate, o cal realizou un sorprendente papel, xa que sorteo todos os obstáculos, ata chegar a final onde acadou una merecida prata en – 43 kg., que mesmo tivo por momentos color dourado. O mesmo acaeceu, con RUTH COUSO,- JANSU RÁBADE, tamén era a súa primeira vez en combate e tamén chegou a final obtendo unha prata ben merecida en – 40 kg., que o igual que o seu compañeiro de equipo , puido ser ouro por estar a categoría moi igualada.
SILVIA MORENO CAMPO – JANSU RÁBADE,  bronce en – de 59 kg.
ELENA CASANOVA – JANSU RÁBADE, se lle notou unha gran progresión con anteriores Campionatos aos que asistiu , mesmo chegou a final para terminar coa prata en – de 59kg.  
CAIQUE DE MENECEZ – JANSU VILALBA , prata en menos de 45 kg.
DIEGO GARCIA – JANSU VILALBA, despois de realizar unha espectacular final na súa categoría , alzábase con mas prezado metal no mais alto do podio, o ouro en + de 65 kg.
MIRIAN DÍAZ – JANSU VILABA, na categoría de – 55 kg. Realizou un bo combate , e anque a súa progresión e boa faille falta un pouco mais de rodaxe, para próximos eventos.
VALERIA FUENTESECA  - JANSU RÁBADE,  en – de 55 kg. Anque ultimamente nos acostumados a vela no podio, desta volta o sorteo xogoulle unha mala pasada , quedando apeada da competición en primeira rolda.

En total so queda felicitar  a estes deportistas que entre todos fixeron unha colleita de 1 ouro, 5 pratas e 3 bronces.

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

miércoles, 22 de febrero de 2012

20 ANIVERSARIO JANSU 21 DE ABRIL DE 2012

Queremos que veñas a celebrar o noso 20 ANIVERSARIO o 21 de ABRIL, para elo poñemos a vosa disposición as invitacións nas oficinas do Centro Deportivo Jansu, podedes pasar a retiralas de luns a sábado.
Para nos sería moi grato poder contar coa presencia de todos aqueles que de algún modo axudaron a que este centro deportivo chegase a onde está hoxe en día, todos os clientes actuais e aqueles que nestes momentos non están pero que seguen formando parte de nos e tamén aqueles que de algunha maneira simpatizan co noso centro, en definitiva a todos os que de algunha maneira queiran celebralo con nos.  

domingo, 19 de febrero de 2012

TORNEO DE TÉCNICA CONCELLO DE VILALBA

Este domingo día 19 de febreiro, realizouse  a parte técnica do V Torneo Concello de Vilalba a nivel Provincial, participaron catro dos cinco clubs que nestes momentos estan impartindo taekwondo na nosa provincia, o Neka de Monforte, Escola Lucense de Lugo, o Taeguk de Sarria e o club organizador do evento Centro Deportivo Jansu – Conxelados Asturgalaicos. Todo esto en colaboración co Concello de Vilalba, Deputación de Lugo e a Federación Galega de Taekwondo.


Participaron un total de 60 taekwondistas , e os resultados son os siguientes

NOME E APELIDOSPOSTOCATEGORÍACLUB
RUBEN OTERO BUJANBRONCEALEVIN MASC. ATA VERDEJANSU - BEGONTE
CAIQUE DE MENEZES CAMPOSBRONCEINFANTIL MASC. ATA VERDEJANSU - VILALBA
AITOR ALVAREZ MUÑIZBRONCEBENXAMIN MASC.ATA VERDE JANSU - VILALBA
NOA BLANCO BARRIOBRONCEBENXAMIN FM.ATA VERDE JANSU - VILALBA
MIRIAN DIAZ DIAZOUROINFANTIL FM. ATA VERDEJANSU - VILALBA
VALERIA FUENTESE LEGIDEBRONCEINFANTIL FM. V/AZ ATA MARRONJANSU - RABADE
ELENA CASANOVA FERNANDEZPRATAINFANTIL FM. V/AZ ATA MARRONJANSU - RABADE
ADRIAN GONZALEZ FERNANDEZ BRONCEALEVIN MASC. V/AZ ATA MARRONJANSU- RABADE
RUTH COUSO GEADAOUROALEVIN FM. ATA VERDEJANSU - VILALBA
DENIS BUJAN LOPEZOUROBENXAMIN MASC.ATA VERDE E. LUCENSE - LUGO
SERGIO RODRIGUEZ CASTRILLONPRATABENXAMIN MASC.ATA VERDE E. LUCENSE - LUGO
UXIA CASTRO REYPRATABENXAMIN FM.ATA VERDE E. LUCENSE - LUGO
MARIA FERNANDEZ RUIZOUROBENXAMIN FM.ATA VERDE E. LUCENSE - LUGO
MANUEL CASTRO REY OUROALEVIN MASC. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
MARTIN CASTRO REYPRATAALEVIN MASC. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
CELTIA ANA NEIRA FERNANDEZPRATAALEVIN FM. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
XAVIER FERNANDEZ RUIZOUROINFANTIL MASC. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
JOSE LUIS PAMPIN AGUIARPRATAINFANTIL MASC. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
SARA FLORES CASTROOUROINFANTIL FM. V/AZ ATA MARRONE. LUCENSE - LUGO
MARTIN EDROSA DIAZOUROCADETE MASC. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
CARMEN JORGE DIAZOUROCADETE FM. ATA VERDEE. LUCENSE - LUGO
SHEILA FERNANDEZ BAOPRATACADETE FM.  V/AZ ATA MARRONE. LUCENSE - LUGO
JANICE LOPEZ CASTELOOUROCADETE FM. PUM Y 1º DANE. LUCENSE - LUGO
MARIA LOPEZ VAZQUEZOUROALEVIN FM.V/AZ ATA MARRONTAEGUK - SARRIA
IRIA LOPEZ LOPEZBRONCEALEVIN FM. ATA VERDETAEGUK - SARRIA
UNAY FERNADEZ SOMOZOUROBENXAMIN MASC. V/AZ ATA MARRON TAEGUK - SARRIA
JOSE ROCA OUROALEVIN MASC. V/AZ ATA MARRONNEKA - MONFORTE
CRISTIAN CASTRO ROCAPRATAALEVIN MASC. V/AZ ATA MARRONNEKA - MONFORTE
BRAIS RODRIGUEZ RODRIGUEZPRATABENXAMIN MASC. V/AZ ATA MARRON NEKA - MONFORTE
SABELA GONZALEZ SEIJASOUROCADETE FM.  V/AZ ATA MARRONNEKA - MONFORTE
DAVID FERNANDEZ PRIETOPRATAINFANTIL MASC. V/AZ ATA MARRONJANSU - JANSU
PETRE MIHAIL OUROINFANTIL MASC. V/AZ ATA MARRONNEKA - MONFORTE

ENTROIDO JANSU 17 FEBREIRO 2012

Venres 17 de febreiro, celebración da habitual festa do entroido nas instalacións do centro deportivo, para ver as fotos , xa que creemos que neste caso e mellor ver aos rapaces que explicar aquí o que estivemos a facer.


Para ver fotos pinchar no enlace:

domingo, 12 de febrero de 2012

ADESTRAMENTO DE TECNIFICACIÓN COSPEITO 11 DE FEBREIRO DE 2012

O día 11 realizouse un dos adestramentos correspondente ao programa de tecnificación infantil que a F.G.T. esta a poñer en marcha nas catro provincias Galegas, no caso que nos ocupa , o Concello de Cospeito foi a sede deste adestramento no que participaron unha trintena de deportistas, da nosa provincia.

Os responsables do programa de tecnificación, Javier Sieira e Pedro Rodríguez, quedaron moi satisfeitos co nivel  técnico destes  rapaces/as, anotando a varios deles para facerlles un seguimento e poder incluílos se seguen a mellorar e algún equipo da F.G.T. para participar en eventos deportivos adaptados a eles.

PARA VER FOTOS PICHAR AQUÍ: