Translate

sábado, 25 de febrero de 2012

CAMPIONATO INFANTIL GALEGO DE TAEKWONDO



Campionato Infantil Galego de Taekwondo, organizado pola federación Galega de Taekwondo en  colaboración co Concello de As Pontes ( A Coruña), campionato no que participaron a maioría dos clubs que están dados de alta na F.G.T. entre eles o Centro Deportivo Jansu de Vilalba participaba con 12 taekwondistas que son os seguintes:
RUBÉN OTERO  – JANSU BEGONTE, que obtivo a medalla de bronce en – 37 kg.
YOEL CAMPELLO – JANSU BEGONTE, que tamén se alzou coa medalla de bronce en – de 41 kg.
DAVID FERNÁNDEZ – JANSU VILALBA, que se atopou coa persoa que o ao final disputou a final gañando o campionato, David despois de facer unha boa planificación  do seu combate non foi que de poder pasar a séguente rolda.
RAÚL GONZÁLEZ – JANSU VILALBA, acadou a prata en – de 65 kg.
ADRIÁN GONZÁLEZ – JANSU RÁBADE, a primeira incursión no mundo do combate, o cal realizou un sorprendente papel, xa que sorteo todos os obstáculos, ata chegar a final onde acadou una merecida prata en – 43 kg., que mesmo tivo por momentos color dourado. O mesmo acaeceu, con RUTH COUSO,- JANSU RÁBADE, tamén era a súa primeira vez en combate e tamén chegou a final obtendo unha prata ben merecida en – 40 kg., que o igual que o seu compañeiro de equipo , puido ser ouro por estar a categoría moi igualada.
SILVIA MORENO CAMPO – JANSU RÁBADE,  bronce en – de 59 kg.
ELENA CASANOVA – JANSU RÁBADE, se lle notou unha gran progresión con anteriores Campionatos aos que asistiu , mesmo chegou a final para terminar coa prata en – de 59kg.  
CAIQUE DE MENECEZ – JANSU VILALBA , prata en menos de 45 kg.
DIEGO GARCIA – JANSU VILALBA, despois de realizar unha espectacular final na súa categoría , alzábase con mas prezado metal no mais alto do podio, o ouro en + de 65 kg.
MIRIAN DÍAZ – JANSU VILABA, na categoría de – 55 kg. Realizou un bo combate , e anque a súa progresión e boa faille falta un pouco mais de rodaxe, para próximos eventos.
VALERIA FUENTESECA  - JANSU RÁBADE,  en – de 55 kg. Anque ultimamente nos acostumados a vela no podio, desta volta o sorteo xogoulle unha mala pasada , quedando apeada da competición en primeira rolda.

En total so queda felicitar  a estes deportistas que entre todos fixeron unha colleita de 1 ouro, 5 pratas e 3 bronces.

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

2 comentarios:

  1. Enhorabuena por los resultados. Si no me equivoco fuisteis el mejor club de la provincia de Lugo ¿En qué puesto quedasteis en total?

    Muy buena cantera!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No, no fuimos los mejores ya que prevalecen los oros, pero por encima de los resultados que como tu bien dices fueron estupendos, esta la cantera que viene muy fuerte y que esperemos que en breve nos den alegrías como las de este Campeonato en categorías superiores.

      Muchas gracias por el comentario en nombre de todos los deportistas.

      Eliminar