Translate

viernes, 15 de abril de 2011

TAEKWONDO DENDE OS SEUS COMEZOS ATA A ACTUALIDADE

              

No ano 1990, xunto ao alumeamento do Jansu como Centro Deportivo ía parella a idea de especializarse no Taekwondo. Nese intre, Juan Carlos Quintana Domínguez, ainda que xa era monitor deportivo desta actividade, debido a certas desavenencias estructurais, apostou polo taekwondo tradicional. Conformou a Asociación Galega de Taekwondo Tradicional (AGTT), e a traveso do Ximnasio Jansu e de dita Asociación divulgou os coñecementos que tiña desta arte marcial, chegando a ter máis de 350 alumnos só na comarca da Terra Chá. Asimesmo, unha vintena de ximnasios da autonomía galega adheriríanse á AGTT.
Dende o ano 1990 e ata o ano 2005, grandes foron os logros acadados polo Centro Deportivo Jansu de Vilalba. Para comezar, hai que nomear aos socios que chegaron a ser cinturóns negros na modalidade de taekwondo tradicional: Álvaro Blanco, José Carlos Quintana Álvarez, Patricia Quintana Álvarez, Javier Vázquez, Alejandro García Lourés, Francisco García Ónega, Pablo Díaz Lagoa, María Romero Gesto, Javier Blanco Álvarez, Ruth Montero Gómez, Javier Seoane Vázquez, Jesús Rodríguez Castiñeira, Marcos Veiga, Luz María Regueiro Vázquez, Marcos Carral Suárez, Iván Sangiao Darriba e Pablo Yáñez Ramil.

Todos aportaron o seu traballo acadando, cos seus logros, un nome  para o Jansu no ámbito desta arte marcial, tanto a nivel autonómico como nacional .

1 comentario:

  1. Qué bueno! Gran época en la ITF. No como ahora, totalmente machacada por las disputas internas. Una verdadera lástima.

    ResponderEliminar