Translate

jueves, 28 de abril de 2011

PRIMEIRAS XUNTANZAS DE AEROBIC E STEP BEGONTE E A FONSAGRADA

Despois do éxito acadado, na 1º Xuntanza de Aerobic celebrada no Concello de Begonte , onde se xuntaron practicantes de aerobio de O Santo, A Fonsagrada , Begonte, Baamonde e Centro Deportivo Jansu de Vilalba, non quedaba outra que repetir na Fonsagrada.   
E o día 5 de marzo de 2011, previa organización do Concello , nos desprazamos para ala para  dar comezo as 17:00 horas e finalizar as 19:00 horas, esta iniciativa do concello de A Fonsagrada en conxunto co Centro Deportivo Jansu de Vilalba , en colaboración coa escola de aerobio de O Santo e coas escolas de Baamonde e Begonte, serve para mostrar o traballo que se realiza nestas sesións , contando con uns 50 participantes , para logo rematar con unha demostración de Taekwondo a cargo dos alumnos de Rábade , Begonte e Vilalba.

Dado que esta iniciativa partiu do Concello de Begonte e dada a boa acollida que tivo, realizouse tamén en A Fonsagrada , esperamos que se siga levando a cabo en distintos puntos da zona.

Para ver fotos pinchar no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/juancaqd/1XUNTANZAAEROBIOBEGONTE2011?feat=directlink

No hay comentarios:

Publicar un comentario