Translate

viernes, 1 de abril de 2011

OUTRAS ALTERNATIVAS DENDE O CENTRO DEPORTIVO JANSU

Sosego, paz, tranquilidade e sentirse en forma. ¿Cómo acadar ese anhelado estado?
 
Hoxe en día xa non se pode falar de acondicionamento físico sen máis, pois hai implicados outros moitos factores. Estar ben e a capacidade de atopar un estado óptimo de benestar son algúns deles. Entendendo isto, evidentemente, como un bo funcionamento do organismo dende o punto de vista somático e psicolóxico. En definitiva, o anhelo eterno do ser humano por buscar a felicidade segundo nos indican unha serie de cánones universais que posúen, entre outros, os seguintes rasgos definidores:
  • Boa forma física.
  • Gozar dun bo aspecto.
  • Vida saudable. 
  • Sentirse anímicamente tranquilo e sosegado.

Para satisfacer esta demanda fóronse creando unha serie de centros que, nun principio, adicábanse exclusivamente a actividades físicas de diversa índole, e que, pouco a pouco, foron implantando novas ofertas e programas máis amplos. Actualmente, atópanse nun proceso de transformación cara os denominados centros de saúde integral no máis amplo sentido do termo. No Centro Deportivo Jansu de Vilalba pódese atopar todo o necesario para conseguir ese estado de benestar desexado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario