Translate

viernes, 1 de abril de 2011

EVOLUCIÓN DO CENTRO DEPORTIVO JANSU DENDE O ANO 1990


En xaneiro de 1990 ábrense as portas ao publico do Centro Deportivo Jansu sito, naquel entón,  na Rúa Nevado Bouza. No ano 1997 as súas instalacións trasládanse á Rúa Domingo Goás, 16 , xa que as antigas instalacións fanse pequenas para albergar ao gran número de socios que tiña o centro Deportivo Jansu.

As actividades que se impartiron ao longo do tempo foron innumerables. Algunhas delas desapareceron ou foron modificadas polo interese dos propios socios. Estas actividades foron a ximnasia de mantemento, baile de salón, squash, ballet...
Outras delas ficaron e mesmo tivemos que incluír innovacións. O taekwondo, tanto infantil como adulto, perdura no tempo, e incluso, se cadra, goza de máis aceptación. Esta actividade acada, día a día, máis adeptos e mais éxitos.
Co aerobic e co  step sucede o mesmo. Incluso, destas dúas actividades se imparten clases fora do centro , en Concellos , Asociacións, Centros Culturais, A.N.P.A.S. , etc......

Outras actividades, que  foron formando parte e que están debidamente integradas no centro, son:

taekwondo infantil e adulto, defensa persoal, clases de iniciación ao taekwondo gratuítas, spinning ou ciclo indoor, sauna, cachibol para a terceira idade ,musculación, relaxación a traveso de técnicas orientais, mantemento, adestradores persoais, preparación de probas físicas para a administración publica, etc...

No hay comentarios:

Publicar un comentario