Translate

jueves, 7 de abril de 2011

O BENEFICIO DA PRACTICA DE EXERCICIO SOBRE BICICLETAS ESTÁTICAS

Os expertos aseguran que este furor polas bicicletas é algo que medra cada día porque o exercicio que se fai é completo: axuda á saúde cardiovascular, aumenta a capacidade respiratoria e, nunha práctica de 45 minutos, se perden doadamente entre 500 e 900 calorías.

Os beneficios do spinning son numerosos. Axuda a perder peso, tonifica importantes grupos musculares (bíceps, tríceps, abdominais, glúteos, cuadríceps, gastronemios...), aumenta a resistencia física e mellora moito a condición cardiovascular. Ademáis pode actuar como válvula de escape da rutina diaria, porque o spinning contribúe na diminución do estrés. Tamén é importante salientar que esta actividade non se suspende polo mal tempo, xa que se practica nun ximnasio e non ao aire libre. 


Acadar os obxectivos propostos nunha clase de spinning dependerá, xunto coa actitude e aptitude do practicante, do adestrador que guía e controla tódolos movementos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario