Translate

domingo, 30 de junio de 2013

DEFENSA PERSOAL EN MONFORTE 29 DE XUÑO DE 2013

Esta fin de semana pasado concretamente o 29 de xuño de 2013 , realizouse un mais da serie de cursos de defensa persoal que se veñen impartindo no clube Neka de Monforte ao longo da tempada.

Unha trintena de asistentes realizaron diferentes técnicas aplicadas a posibles situacións coas que se pode atopar nun momento dado na rúa e a repasar outras  que xa se mostraran en anteriores cursos. Para rematar realizouse unha cea como de costume, durante a mesma se aproveitou para debater sobre o curso e mesmo poñerse de acordo para facer o seguinte.   

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ

sábado, 8 de junio de 2013

Esta fin de semana 8 de xuño  , celebrouse en Arteixo o Campionato Autonómico de Taekwondo Escolar nas modalidades de Exhibición e Combate , o Centro Deportivo Jansu Vilalba – Conxelados  Asturgalaicos de Rábade – Electricidade Santomé , participou en ambas las duas  modalidades con dous equipos que son os seguintes:
Combate :
YOEL CAMPELLO GONZALEZ, , Home INFANTIL IN-A. -45kg , pedeu na primeira rolda , despois de desenrolar un  moi bo combate.
DAVID FERNANDEZ PRIETO,Home INFANTIL IN-A. -45kg , un terceiro posto deixou unha vez mais patente o bo traballo deste deportista.
RAUL GONZALEZ SECO,            Home INFANTIL IN-A. -65kg , unha tarde no que non estivo moi acertado na súa estratexia o que o abocou a unha segunda praza.
VALERIA FUENTESECA LEGIDE, Muller INFANTIL IN-A -51kg , taekwondista que sigue nunha gran progresión deportiva e o demostra en cada competición na que está a participar, nesta ocasión subiu ao mais alto acadando un ouro.
  LIDIA LAMAS DIAZ,Muller INFANTIL IN-A.  -51kg. a que menos experiencia ten nestas lides, pero que se adaptou perfectamente ao grupo que forma o Jansu , adestrando e poñendo ganas no que fai, como así o demostrou nesta ocasión acadando un bronce.
En exhibición, estivemos representados polo equipo infantil composto por INES POUPARIÑA, PAULA SANTOME, VIRGINIA PASARÓ, TATIANA CAMPELLO, PAULA RIVAS E DAVID CHAO,deportistas que acadaron o bronce no provincial o que lles deu o pase a final autonómica.

A diferenza de idade, sen dubida eran os mais peques de todo o campionato , demostraron que se seguen a adestrar e o equipo medra deportivamente xunto, nun futuro, non a moito tardar poderemos disfrutar con eles os seus éxitos