Translate

miércoles, 31 de diciembre de 2014

ANO 2014

Chegou o momento de facer un balance do que o 2014 deparou ao Centro Deportivo Jansu de Vilalba – Conxelados Asturgalaicos de Rábade, non me vou a parar nos resultados deportivos duns e outros integrantes das distintas categorías e modalidades nas que participamos durante este ano, que non foron poucas.
Prefiro unha análise global en tódolos aspectos, tanto a nivel deportivo como persoal por parte dos deportistas, adestradores, equipo arbitral e tamén non esquecerse dunha parte importante, os pais e nais que día a día están aí colaborando con nos e apoiando sempre que fai falta.
Os deportistas dicirlles que nos sentimos moi orgullosos deles por estar aí ,polo esforzo que fan para mellorar e colocar ao noso club a tan alto nivel, todos sodes partícipes, os que ao final acadan resultados, os que o intentan, os que se preparan día a día para formar parte dos distintos equipos e aqueles que en definitiva adestran simplemente por que lles gusta a nosa arte marcial o Taekwondo.
Gracias por ser como sodes, polas vosas virtudes , polos vosos erros, enfados, caprichos e por tódalas correccións que temos que facervos.
Perdón polos nosos erros, polas nosas correccións con enfados engadidos, pola presión que en ocasións vos sometemos, somos conscientes deso, pero sempre o faremos intentando que sexa un beneficio para a vosa traxectoria dentro do Taekwondo, esperamos que sigades mellorando, enchéndonos de satisfaccións deportivas e persoais.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡  FELIZ ANO 2015 !!!!!!!!!!!!


















No hay comentarios:

Publicar un comentario