Translate

miércoles, 24 de julio de 2013

DESCANSO DE ACTIVIDADE FÍSICA 24 DE XULLO DE 2013

Día 24 de xullo, despois dun adestramento de dúas horas , ben esta un momento de relax por iso nos fomos ao parque acuático de Vilalba a refrescarnos un pouco , que ben merecido o teñen estes rapaces/as  que non deixan de adestrar preparando a tempada vindeira.

 



domingo, 14 de julio de 2013

EXAMEN PARA CAMBIO DE GRAO A CORUÑA 13 DE XUÑO DE 2013

Este 13 de xullo , Cristina Morado Piñeiro, desprazouse A Coruña para examinarse para cambio de grao , todo sae ben e superando as diferentes probas do programa acadou o seu 2º dan , dende aquí en nome do Club Jansu  e de tódolos seus compañeiros queremos darlle os nosos parabéns

MOVETE POR ADRIAN 13 DE XULLO CONCELLO DE COSPEITO

Hola a tódolos que participástedes o día 13 xullo no evento a favor de Adrián, para nos que colaboramos aportando o nos gran de area para a realización desta iniciativa, iniciativa que se levou a bo porto grazas ao bo facer e capacidade organizativa de Estefanía Rodríguez Pereira, persoa que estivo dende que comezou  con esta idea, pendente de que tódolos cabos estiveran ben atados , e pendente de que en ningún momento nos faltase nada , a verdade que foi un verdadeiro pracer participar, máximo cando sabemos que estamos colaborando para que Adrián acade un mellor calidade de vida, oxalá sirvamos como exemplo doutras , persoas e entidades e  prosigan con eventos como estes, sabemos que non somos os primeiros pero esperamos non ser os últimos.

Para despedirme , dicir que realmente e moi difícil explicar con palabras a satisfacción que se sente sabendo que o teu traballo totalmente altruísta vai adicado totalmente a mellora de alguén que realmente o precisa.

Agradecer especialmente a colaboración que tivemos por parte do Concello de Cospeito xa que sen a cesión das súas instalacións para esta celebración sería totalmente imposible a realización deste evento que nun principio intentouse facer no Concello no que esta empadroado Adrián.


PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

viernes, 5 de julio de 2013

PROMOCIÓN TAEKWONDO EN GUITIRIZ 5 DE XULLO DE 2013



Para a tempada 2013 e 2014 o taekwondo se ofertará nas Escolas deportivas de Guitiriz , por ese motivo o Club Deportivo Jansu , desprazouse  ata o Balneario desta vila onde se impartiu unha sesión dentro das actividades deportivas que o Concello de Guitiriz inclúe no campamento de verán, así desta maneira tódolos asistentes coñeceron de primeira man o noso deporte e a persoa que impartira as clases .



PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

jueves, 4 de julio de 2013

FIN DE TEMPADA 3 DE XULLO DE 2013 PARQUE WARNER MADRID

O día 3 de xullo , o Centro Deportivo Vilalba Jansu – Conxelados Asturglaicos de Rábade – Electricidade Moncho Santomé de Vilalba , cerrou a tempada deportiva con unha excursión ao Parque Warner de Madrid, alí o grupo asistente que estaba composto por 33 persoas , gozaron dun día de lecer  e das distintas atraccións que ten o parque. 

PARA VER FOTOS PINCHA 

AQUÍ: