Translate

jueves, 7 de junio de 2012

PRESENTACIÓN CURSO DE AEROBIO E STEP CONCELLO DE A PASTORIZA XUÑO DE 2012

O día 13 de xuño , realizouse a presentación do curso de Aerobio e Step, que se está a impartir nas Aulas De Formación (Polígono Industrial de A Pastoriza),este curso esta organizado polo Centro Deportivo Jansu de Vilalba e a A.G.A.R ( Asociación Cultural Galega de Actividades Rítmicas), en colaboración co Concello de A Pastoriza.
A presentación asistiu o Alcalde de A Pastoriza, Don Primitivo Iglesias Sierra, que despois de presenciar a sesión de Step , non tivo mais que palabras de bo sentir polo traballo que alí se mostrou, tanto por parte dos cursillistas, os que demostraron que co pouco tempo que levan, a súa evolución nesta actividade e a correcta, como pola labor didáctica que esta a realizar Tamara Murias Fernández, monitora encargada de impartir o curso. 
Tamén lles comunicou aos asistentes , que calquera inquietude que teñan, propostas que queiran levar a cabo , que non dubiden en presentarllas , que despois de estudiar o proxecto de viabilidade, se verían as distintas  posibilidades e maneiras de axudas dende o Concello.
Para rematar animar dende aquí a que a xente de a Pastoriza e distintas parroquias , se animen a participar nestas actividades presentadas dende o Concello.


PARA VER FOTOS PINCHAR AQUÍ:
https://plus.google.com/photos/104376252987901061088/albums/5751258595167236673

No hay comentarios:

Publicar un comentario