Translate

lunes, 25 de febrero de 2013

CAMPIONATO GALEGO PROMESAS 23 DE FEBREIRO DE 2013



O día 23 de febreiro celebrouse o Campionato Galego Promesas de Taekwondo 2013, nas Categorías Cadete, Xunior  e Senior , este realizouse en Cangas con unha asistencia duns 350 participantes entre as tres categorías.
O Centro Deportivo Jansu – Conxelados Astur Galaicos – Electricidade Santome  de Vilalba , participou con un nutrido número de deportistas en Cadete na xornada de maña :


David Debasa, Rubén Otero, Caique  De Menezes e Lidia Lamas, fixeron un bo campionato pero non foron quen de pasar da segunda rolda, pero sempre se gaña en experiencia que noutros encontros lles pode axudar para acadar mellores resultados.
Agustín Insua, no seu primeiro campionato alcanzou unha medalla de bronce con un combate.
David Fernández e Valeria Fuenteseca, despois de varios campionatos nos que non lles acompañou a sorte , ven por lesións ou indisposición , retoman a competición con forza, nunhas categorías que tiñan unha gran presencia de deportistas, ambos acadaron unhas merecidas medallas de bronce, despois de chegar a terceira rolada que de gañala poñeríaos na final.
Raúl González , despois de 2 combates acadou a prata
E xa en xornada de tarde , nas categorías xunior e senior os resultados foron os seguintes :
Yoel Campello e Silvia Moreno, con un combate acadaron o bronce na categoría Xunior anque de momento, oficialmente son cadetes.
Xacobo Grande , despois de tres combates alzouse co merecido e codiciado ouro , este deportista estivo varios anos separado da competición por problemas de lesións , e agora retoma con forza a competición como deixa patente neste promesas.
E para rematar xa en Senior, Fina Seco que o ano pasado, tivo que conformarse con un Bronce , este ano demostrou a súa progresión acadando o ouro. 
En total :
Dous  ouros, unha prata e cinco bronces, esto demostra o bo momento do taekwondo no Centro Deportivo Jansu de Vilalba.

TECNIFICACIÓN INFANTIL 2 DE FEBREIRO DE 2013



                                                      PARA VER FOTOS PINCHAR AQUÍ




O día 2 realizouse o cuarto dos  adestramentos correspondente ao programa de tecnificación infantil que a F.G.T. esta a poñer en marcha nas catro provincias Galegas na tempada 2012/2013, no caso que nos ocupa , O Concello de Rábade foi a sede deste adestramento, as instalacións nas que se realizou foron as do I.E.S. Río Miño, xa que o pavillón estaba ocupado con outras actividades deportivas, nesta primeira convocatoria contamos con uns 20 deportistas pertencentes ao club Jansu de Vilalba e ao club Neka de Monforte.
Estamos a falar de 20 deportistas, que xa e unha cantidade importante, pero consideramos que nestes adestramentos debería de haber unha cantidade maior, se supón que si non estiveron presentes sería porque os seus compromisos deportivos reclamarían a súa presencia en eventos de maior repercusión para a súa formación.