Translate

domingo, 20 de octubre de 2013

CIDADE DE RIBEIRA 19 DE OUTUBRE DE 2013







Día 19 de outubro , campionato internacional Cidade de Ribeira, como ben sendo habitual o Centro Deportivo Jansu – Conxelados Asturgalaicos – Electricidade Santomé, estivo presente participando con un equipo formado polos seguintes deportistas:
Para Lucia Moreno, era a súa primeira competición , e podemos dicir que mostrou un bo saber estar no tapiz , gañando a primeira rolda e quedando apeada na segunda. Cumpríronse os obxectivos previstos con está xoven deportista de dez anos , que era mostrarlle que o traballo ven feito ao final da os seos froitos, e que nun futuro todos esperamos moito mais dela.
Raúl González, quedou apeado na súa primeira rolda, non foi que de atopar  o seu posicionamento no tapiz e iso custoulle quedar fora da competición, neste caso serviralle para que en próximos encontros  se de conta de como ten que actuar para intentar obter mellores resultados.
Míriam Díaz, un bronce que sabe a moito, xa que o seo peso e complicado por atoparse nel un plantei de competidoras  de moi alto nivel  e curtidas en nacionais e internacionais.
Valería Fuenteseca, acadou a prata en Superlixeiro  Xunior desfacéndose dos adversarios que lle tocaron con autoridade e disputando a final contra unha deportista integrante da selección   de Portugal que participou no ultimo europeo apenas fai un mes.
E por ultimo, Silva Moreno en Pesado Xunior, acadou o ouro , isto e un indicador de que efectivamente se está a facer un bo traballo, tanto por parte dos deportistas como dos técnicos. Sen esquecernos dos pais que antepoñen moitas cousas persoais aos adestramentos e campionatos dos seus fillos, para que estes poidan mellorar día a día,  e despois acompañándoos como seareiros para gozar dos seus avances dentro dos tapices
Todo este traballo feito por este equipo cheo de ilusión, con gañas de seguir adiante e con un gran compañeirismo,  elevou a o equipo feminino Xunior ao segundo posto por equipos.
Os deportistas  do Centro Deportivo Jansu , agradécelle a Jorge Rodríguez Longueira, o haber estado con eles  xa que senón fose así no sería posible a participación do equipo, e desexarlle a Jessica Romero, os mellores desexos e que pronto este outra vez con eles e cos seus  mellizos, que están apunto de nacer , un abrazo moi forte de todos para ti e para eses futuros deportistas que pronto estarán gateando polo tapiz.