Translate

viernes, 28 de diciembre de 2012

FESTIVAL DO NADAL JANSU VILALBA 22 DE DECEMBRO



O 22 de decembro , celebrouse en Monforte , concretamente nas instalacións do Club Neka, o terceiro adestramento de tecnificación infantil, este adestramento correo a cargo de Juan Fernández, técnico da FGT e responsable da tecnificación infantil de Lugo e de A Coruña, así desta maneira terminamos co programa do 2012 e partir de Xaneiro comezaremos coa programación mensual para o ano 2013.

Xa despois a partir das 16:30 , os alumnos do Clube Jansu , xuntáronse no Pavillón Municipal de Vilalba, para facer o primeiro festival do Nadal, nesta concentración deportiva estiveron presentes , rapaces/as de Muimenta, Rábade, Cospeito, Abadín, Meira, A Pastoriza, Bretoña, Parga, Baamonde, Begonte e Vilalba,  e como non podía ser menos nestas datas tamén contamos coa presenza de Papa Noel , que fixo as delicias dos mais pequerrechos. 

PARA VER FOTOS PINCHAR  AQUÍ 


MAS FOTOS FESTIVAL DO NADAL

domingo, 2 de diciembre de 2012

TECNIFICACIÓN EN BEGONTE 1 DE NOVEMBRO DE 2012


O día 1 de decembro celebrouse a segunda xornada de tecnificación , realizouse a segunda dunha serie de adestramentos  encadrados dentro do programa de tecnificación  que se levarán a cabo durante a tempada 2012 / 2013, nesta ocasión o encargado de levar o peso deste programa correo a cargo de  José Antonio Carregal, que xa o fixera na primeira que se celebrara en Lugo.
Esta s egundacita acudiron deportistas do clube Neka de Monforte , Escola Lucense de Lugo, Moo Duk Kwan  e Jansu ambos de Vilalba.