Translate

domingo, 14 de julio de 2013

MOVETE POR ADRIAN 13 DE XULLO CONCELLO DE COSPEITO

Hola a tódolos que participástedes o día 13 xullo no evento a favor de Adrián, para nos que colaboramos aportando o nos gran de area para a realización desta iniciativa, iniciativa que se levou a bo porto grazas ao bo facer e capacidade organizativa de Estefanía Rodríguez Pereira, persoa que estivo dende que comezou  con esta idea, pendente de que tódolos cabos estiveran ben atados , e pendente de que en ningún momento nos faltase nada , a verdade que foi un verdadeiro pracer participar, máximo cando sabemos que estamos colaborando para que Adrián acade un mellor calidade de vida, oxalá sirvamos como exemplo doutras , persoas e entidades e  prosigan con eventos como estes, sabemos que non somos os primeiros pero esperamos non ser os últimos.

Para despedirme , dicir que realmente e moi difícil explicar con palabras a satisfacción que se sente sabendo que o teu traballo totalmente altruísta vai adicado totalmente a mellora de alguén que realmente o precisa.

Agradecer especialmente a colaboración que tivemos por parte do Concello de Cospeito xa que sen a cesión das súas instalacións para esta celebración sería totalmente imposible a realización deste evento que nun principio intentouse facer no Concello no que esta empadroado Adrián.


PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

No hay comentarios:

Publicar un comentario