Translate

domingo, 3 de abril de 2011

CAMPIONATO GALEGO PROMESAS CANGAS 2 DE ABRIL DE 2011

 O Clube Deportivo Taekwondo Vilalba Jansu participou o día 2 no campionato Galego Promesas que se celebrou en Cangas. Neste evento participaron, Estefania Díaz Carballeira, Cristian Fernandez Rico, Óscar Vivero, David Fernández e Diego García.
Jessica Romero Riveiro acudiu como coach e Juan Carlos Quintana como árbitro.

 

 
 
Os resultados foron os seguintes:

Estefanía Díaz Carballeira, prata. Óscar Vivero foi bronce, pero quedou con boas sensacións e ese metal soupo a pouco. Cristian Fernández Rico, obtivo a prata, nunha disputada final e cunha lesión de empeine producida na primeira rolda que mermou bastante as súas posibilidades de acadar o ouro. A pesar deses atrancos, puídose observar unha gran progresión respecto ás ultimas veces que participou en competicións.

Raúl Álvarez, Diego García e David Fernandez, aínda que fixeron un bo papel quedaron apeados en primeira rolda.

Jessica Romero Riveiro, responsable do equipo, quedou moi satisfeita cos resultados colleitados e co traballo realizado no tapiz polos taekwondistas Vilalbeses.




2 comentarios:

  1. Enhorabuena a todos los competidores del Jansu por los excelentes resultados

    ResponderEliminar