Translate

lunes, 31 de octubre de 2011

TORNEO INTERNACIONAL CIDADE DE PONTEVEDRA



Esta fin de semana pasado , día 29 celebrouse o TORNRO INTERNACIONAL CIDADE DE PONTEVEDRA, o campionato realizouse ao longo do Sábado e o Domingo, o  Club Jansu como ven sendo habitual estivo presente.
Na modalidade de Poomses , participaron en individual, Miguel Sanjurjo e Jessica Romero,  para despois participar na modalidade de parellas, esta era a primeira vez que participabamos nesta modalidade de competición , e ambos , tanto en individual como parellas , mostraron un gran dominio da técnica anque non foi suficiente para subir a podio, pero si para irse situando para outros encontros nos que temos pensado participar.
Por outra banda , Francisco Javier  García  Ónega, que despois de estar retirado da competición dende o 2005 , regresou demostrando que teremos que contar con el, saio o tapiz na ctegoría de combate de -80 kg.e anque lle custou ao principio situarse, despois de ir perdendo xa no segundo asalto  de un cinco a cero , no terceiro asalto foi quen de remontar os resultados adversos para acadar gañando o combate con un oito a cinco,mostrando unha gran superioridade e dominio da situación en todo momento.
Desgraciadamente unha rotura de fibras no xemelgo da perna esquerda impediulle que puidese continuar no campionato, esperemos que este recuperado para o open que se vai a realizar en Madrid o día 19 e que este lle sirva para terminar a súa posta a punto de cara ao Galego Absoluto que se celebra en Noia o día 26 de novembro.

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ:

1 comentario:

  1. Que buena noticia, veo que estais comenzando a participar en todas las modalidades, solo os falta la exhibición

    ResponderEliminar