Translate

lunes, 15 de octubre de 2012

XII TORNEO INTERNACIONAL RIVEIRA 13 OCTUBRE 2012


Hola de novo a todos os seguidores do Centro Deportivo Jansu – Conxelados Asturgalaicos – Electricidade Moncho  Santome,  unha vez mais acudimos  a un Campionato, nesta ocasión estivemos no Internacional de Riveira, esta era a súa XII edición , dende aquí  felicitar a organización xa que poñer en marcha un campionato desa magnitude e que practicamente non houbese  ningunha incidencia iso e froito dun  boa programación.
Ao igual que os resultados do noso club, que participou en varias categorías, en infantil, participaron.
Rubén Otero Buján, en  - de 41 , que despois pasar dúas roldas, tivo que conformarse con o bronce
Raúl González Seco, en  + de 62, logrou pasar as distintas roldas ata chegar ata final , a que gañou con autoridade o que lle permitiu subir ao mais alto do podio para recoller a medalla de ouro.
En xunior, participaba Cristian Fernández Rico, que perdeu en primeira rolda
En cadete feminino:
Marián Díaz Díaz , tamén cae en primeira rolda, con unha competidora de ultimo ano de cadete e con unha maior experiencia nestas lides.
Silvia Moreno Campos , en pesado, mostrou unha vez mais , que a está nun bo momento , xa que no seu segundo ano nesta categoría, xa estivo seleccionada para intentar formar parte da Selección Galega, neste campionato volveu a estar a altura logrando un importante terceiro posto, (bronce).
David Debasa, aínda que despois de facer un moi bo combate quedou apeado en primeira rolda.
Yoel Campello, na súa categoría gañou a primeira rolda, e perdeu na segunda conformándose con un bronce, que soubo a pouco.  Yoel tamén estivo presente na preselección cadete na ultima convocatoria da Federación Galega.
Isto e unha mostra do bo traballo que se está a realizar no club, o traballo dun equipo que está a medrar en conxunto deportivamente , isto e grazas o seu esforzo ao esforzo dos seus pais , que os trasladan sempre que poden ata o centro dende os seus respectivos lugares , como poden ser Rábade, Begonte, Pigara , Vilalba , sabemos que e un gran esforzo por parte de todos e que sen eles este equipo no sería o mesmo , e sobre todo a gran traballo  que está a facer con este equipo ,Jessica  Romero , unha das adestradoras do Club Jansu  



PARA VER FOTOS PINCHA  AQUÍ

4 comentarios:

  1. Penso que tódol@s taekwondistas, en principio xa polo feito de selo, logo medirse en competición, e máis a tan alto nivel, son merecedores de todo o respecto.
    E se, ademais, son quen de protagonizar tan meritorias actuacións... que máis se pode pedir, verdade ?? a non ser, por suposto, continuidade no traballo.

    Para tod@s vós, taekwondistas: sinceiros parabéns e tede sempre presente que familia, amigos e adestradores nos sentimos verdadeiramente moi orgullosos.

    Un saúdo ao Clube Jansu.

    ResponderEliminar
  2. Grazas en nome de tódolos integrantes do club Jansu

    ResponderEliminar
  3. Felicidades al Jansu, a sus entrenadores y a ese grandísimo equipo lleno de talento y buen ambiente.

    ResponderEliminar
  4. muchas gracias JuanF, el ambiente lo creamos entre todos, gracias a vosotros por creer en nosotros y lo que queremos representar para todos estos deportistas.

    ResponderEliminar