Translate

domingo, 16 de noviembre de 2014

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR 15 DE XUÑO DE 2014

Campionato Xunior celebrado en Porto do Son o día 15 de novembro, onde como xa ven sendo habitual o Club Jansu Vlalba Jansu – Conxelados Asturgalaicos de Rábade estaba presente cos seguintes deportistas que acadaron uns bos resultados.
Pódese dicir que o Taekwondo pasa por Rábade xa que as dúas preseas acadadas nesta ocasión viñeron da man das dúas Rabadenses , Silvia Moreno Campo , prata e Valeria Fuenteseca Legide , bronce, estos postos danlles a oportunidade de disputar a preselección que podería situalas da Selección Galega para acudir ao Campionato de España Xunior.

Raúl González Seco, no seo primeiro xunior, gañou a primeira rolda con autoridade, caendo despois na segunda rolda que o privou de postos de podium, pero sempre con boas sensacións cara a próximos compromisos deportivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario