Translate

jueves, 15 de septiembre de 2011

Hoxe día 15 comezamos a promoción do Taekwondo en diversos colexios da zona a traveso das clases de educación física, nesta ocasión tocoulle ao centro de Educación Infantil e Primaria de Begonte , se lles mostrou aos pequenos/as este deporte arte marcial, actividade que dende fai uns anos forma parte do Deporte Escolar.
Nesta presentación tomaron parte o 1º , 2º e 3º ciclo de primaria, entre todos os asistentes sumaron un total de 50 rapaces/as.
Martes 20 de septembro, tocoulle o turno ao Centro de Educacion Infantil e Primaria  de Meira, con unha participación duns 100 alumnos.
Mercores 21 de setembro, desprazamonos ao  Centro de Educacion Infantil Y Primaria de Rábade, onde se mostrou o Taekwondo ao 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo, xuntandose entre todos 120 alumnos dos cales alguns xa coñecian o Tekwondo, por estar presente nas escolas deportivas do Concello.
Agregamos a lista de centros ao C.E.I.P. Santo Estevo de Parga, onde o día 23 de setembro ,uns 40 alumnos tamén coñeceron de primeira man o taekwondo.
Centro de Educación Infantil Y Primaria de Baamonde no Concello de Begonte, durante a xornada do día 28 de Setembro, 40 rapaces participaron na presentación do taekwondo que xa se ven a impartir nas escolas deportivas dende fai uns anos, así desta maneira os rapaces que participan desta actividade durante esta xornada de presentación , pode decidir se vai a participar na mesma durante todo o curso escolar.
Do mesmo xeito se fixo nos colexios de Cospeito , onde chegou a participar case que  un cento de rapaces/as, 60 mais no  C.E.I.P. de Riotorto e uns 90 no C.E.I.P. de Meira, o noso obxectivo e que a maioría  dos pequenos/as, que están estudar primaria e secundaria coñezan o noso deporte e dentro do posible poidan practicalo.
Iremos completando información dos distintos centros onde se fagan as presentacións de taekwondo.
Para ver fotos pinchar aquí:
https://picasaweb.google.com/juancaqd/TaekwondoNaEscolaTempada20112012?authuser=0&feat=directlink

1 comentario:

  1. Menudo trabajo de promoción del Taekwondo se está haciendo en los colegios en la provincia de Lugo, ya era hora de que alguien se preocupase de llevar este deporte a lugares que por distancia no se puede practicar como se quisiese.

    ResponderEliminar