Translate

sábado, 18 de mayo de 2013

8º COPA CIDADE DE A CORUÑA 18 DE MAIO DE 2013



Parabéns a tódolos competidores que participaron este 18 de maio no Campionato Cidade De A Coruña :
O Begontino, Yoel Campello , caeu en primeira rolda despois de facer un moi bo combate ante Artai do Mace Sport, que ao final foi o campión da categoría mostrando a supremacía nesta categoría.
Lidia Lamas , Muimenta -  Cospeito, que fai pouco que comezou a súa andadura no mundo da competición , acadou un merecido bronce Na súa categoría – de 51 kg.
A súa compañeira de equipo e de categoría en – 51 kg. a Rabadense , Valería Fuenteseca, acadou unha merecida prata que nos soupo a pouco pola boa final  disputada a final con unha representante Lusa.
Tamén a Rabadense Silvia Moreno en mais de 59 kg. despois de superar as distintas roldas chegou a final acadando a prata , e non subindo ao mais alto soamente pola diferenza dun punto.
O Vilalbés Raúl González, tamén acadou a prata en – de 61 kg, chegando a final e perdendo nun apertado e igualado combate que tanto se podería inclinar para un competidor o para o outro.

Destacar o traballo de  tódolos competidores e o esforzo realizado día a día para estar ahí , ademais este campionato serviunos para ver como están os competidores que dentro dunha semana estarán en Marina D’or, para competir no Campionato de España Cadete de Clubs, Valería Fuenteseca Legide en – de 51 kg, Silvia Moreno Campos en mais de 59 kg., ambas de Rábade e o seu compañeiro de Vilalba, David Fernández Prieto , en – de 45 kg. que non puido estar en  A Coruña pero todos somos sabedores do seu potencial como competidor. 

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ



No hay comentarios:

Publicar un comentario