Translate

lunes, 27 de mayo de 2013

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE POR CLUBS E XUNIOR 26 E 26 DE MAIO DE 2013



Esta fin de semana pasado concretamente o día 25 e 26 de maio , celebrouse o Campionato de España Cadete de Clubs e o Campionato de España Xunior de Taekwondo, o Centro Deportivo Jansu Vilalba – Conxelados  Asturgalaicos de Rábade – Electricidade Santomé , participou con tres representantes cadetes, David Fernández Prieto en – de 45 kg, Valería Fuenteseca Legide en – de 51 kg , ambos caeron en primeira rolda, anque o feito de estar aí representándonos nun  Campionato de España e mostra do bo traballo que se esta a levar con estes deportistas e o esforzo dos mesmos.        
         Por outra banda Silvia Moreno Campo en +de 59 kg. Tamén en cadete , realizou un papel deportivo que fai que nos sintamos orgullosos de adestrar a todos estes rapaces , nos fai sentir que estamos a facer ben os deberes e que comezamos a recoller os froitos, Silvia Moreno Campo chegou a disputar as finais chegando ao final do combate con un empate , tendo que facer un cuarto asalto ao punto de ouro caendo no mesmo privándonos  da disputa da prata ou quizais que ouro, subindo ao podio como terceira de España da súa categoría.
Dicir que este bronce nos soubo a pouco xa que a que lle gañou a ela proclamouse Campiona de España , pero tamén entendemos que temos que seguir a traballar para mellorar dentro do posible estes resultados.

PARA VER FOTOS PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario